Unos 650 indigentes en la ciudad, de los que aproximadamente 50 se encuentran en fase terminal. 

Los miembros de la COORDINADORA CIUDADANA INDEPENDIENTE y CORUÑA SIN TECHO lamentamos que las medidas que se toman en lo referente a los indigentes sean siempre de tipo policial o caritativo por lo que proyectamos iniciar una recogida de firmas para que se tramite UNA LEY QUE COMBATA LA MARGINALIDAD.

Este hipotético texto debe garantizar a la persona un techo permanente tal y como recoge la constitución. Además el mendigo deberá recibir atención sanitaria y psicológica, especialmente cuando se encuentre en el peor nivel de degradación. Una vez que se cubren estas necesidades el indigente deberá participar en cursos de reciclaje formativo o de alfabetización si fuera necesario.

El paso siguiente seria que las administraciones públicas ubicasen al indigente en proceso de reinserción en un puesto publico de trabajo temporal, con preferencia en tareas sociales a cargo de las propias administraciones. El proceso de reinserción concluye cuando la persona esa empleable y puede lograr su independencia (VER MÁS) Blog de la Coordinadora Ciudadana Independiente y Comisión Sin Techo de la Coruña PARA LEER, COPIAR O IMPRIMIR CUALQUIER CARTEL O TROZO DE TEXTO, HACED CLICK SOBRE EL MISMO

jueves, 6 de agosto de 2015

LEY MORDAZA Y VIOLENCIA POLICIAL

Dende STOP Desafiuzamentos A Coruña, ante os feitos acontecidos onte na concentración contra a Lei Mordaza queremos manifestar o seguinte:

Apoiando a convocatoria estatal de No Somos Delito, ás 20h concentrámonos unhas 400 persoas de forma pacífica no Obelisco para protestar contra a Lei Mordaza, que dende hoxe é firme. A concentración moveuse uns metros para protestar diante da sede da Fundación Abanca dada a presencia alí do Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, responsable e representante de boa parte das políticas que atentan contra os nosos dereitos. Nese momento un forte despliegue policial cunha actitude chulesca e violenta, montou un cordón e comezou a ameazar aos compañeiros e compañeiras de que se nos multaría.

Ante a interpelación dun compañeiro pedindo explicacións por estas medidas, o xefe do operativo dixo que non precisaba de identificarnos, que “yo os conozco a todos y no necesito identificaros”, recoñecendo así as listas de activistas que dende o noso colectivo temos denunciado. A tensión policial contrastaba co ambiente tranquilo e reivindicativo da protesta.

Tras estar alí un tempo, a manifestación dirixiuse pola rúa Real cara a Subdelegación do Goberno. Ó chegar alí, e antes de poder ler o manifesto, apareceron de novo os antidisturbios e sen mediar palabra comezaron a empurrar á xente, inmobilizaron e retiveron a unha persoa pola forza, retorcéndolle os brazos, baixo a excusa de que “estaba cortando o tráfico”. Cando a xente, alarmada, acudiu a pedir explicacións, non tiveron reparos en aporrear sen ningún tipo de control e ensañándose con algunhas persoas ás que ameazaron previamente con frases do tipo “a ti y a ti os tenemos ganas y vamos a ir a por vosotros”. Unha destas compañeiras foi brutalmente agredida tirándoa deliberadamente ó chan e sendo golpeada con crueldade repetidas veces. Como proba disto, adxuntamos varias fotografías nas que podemos ver as consecuencias deste ensañamento. 

Nos últimos anos en manifestacións como esta nunca houbo incidentes violentos: unicamente os provocados polos antidisturbios extralimitándose nas súas funcións e demostrando a súa intención de amedrentar ós colectivos que reivindican os seus dereitos. A nova Lei Mordaza non fai máis que legalizar e sistematizar estas prácticas de abuso de poder. Por todo isto esiximos a dimisión do xefe de operativo responsable destes actos, a do Subdelegado do Goberno e do Delegado do Goberno como responsables políticos directos, e a disolución das unidades antidisturbios como corpo pensado para reprimir a sociedade civil.

Non nos queremos esquecer de amosar o noso agradecemento a tódalas persoas que non teñen medo. Con ou sen Lei Mordaza imos seguir defendendo os dereitos e liberdades de todas nós.

Publicado en : Stop Desahucios - A Corunha

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No serán publicados los comentariosque contengan opiniones ofensivas o de mal gusto.